Xornada de tecnificación de Sincro

20170220_sin_tecnificacion_x1

O domingo celebrouse na piscina Rías do Sur de Pontevedra a 1ª xornada de tecnificación de Natación Sincronizada dirixida por Flor Rodrigo, para as categorías alevín, infantil e xuvenil. Nesta primeira xornada as nadadoras tiveron que facer as probas de selección para configurar os grupos definitivos de cada categoría.

O CW Pontevedra, Campión Galego de Wáter-polo Xuvenil

20170220_wat_cto_gal_xuve_cw_pontevedra

O CW Pontevedra proclamouse Campión Galego de Wáter-polo Xuvenil ao impoñerse na final ao CN Coruña (11-4) acadando así a clasificación para participar no Campionato de España da categoría.

O terceiro posto foi para o RCN Vigo que se impuxo ao CW Santiago (6-4).

Ler máis.

Campionato de España Máster Longa Distancia

Tres medallas e un Récord de España dos nadadores de clubes galegos no III Campionato de España Máster de Longa Distancia en Piscina OPEN disputado en Mataró.

Mª Elisa Pichel García de Seárez do AD Fogar proclamouse Campioa de España en 3000 m establecendo un nevo Récord de España, na categoría +30.

Rudy Carlos Palamedi Camplani do AD Fogar, proclamouse Campión de España en 3000 m en categoría +60.

Mª Cristina García Colomo do CN Pabellón Ourense foi segunda en 3000 m na categoría +55.

Web do campionato.

O C Sincro Ourense, Campión Galego de Rutinas de Nivel

20170218_sin_cs_ourense

O Club Sincro Ourense proclamouse na piscina Rosario Dueñas, Campión Galego de Rutinas de Nivel de Inverno.

Na categoría alevín, os tres primeiros combos clasificados foron: CN Galaico Sincro, segundo C Sincro Ourense e terceiro RCN Vigo.

Na categoría infantil, primeiro C Sincro Ourense, segundo C Galaico Sincro e terceiro RCN Vigo.

Na categoría xuvenil, primeiro C Sincro Ourense, segundo C Galaico Sincro e terceiro CN Portamiñá Lugo.

Campionato de España Longa Distancia

20170218_nat_ane_de_la_fuente

Catro medallas de nadadores de clubes galegos no VIII Campionato de España de Longa Distancia en Piscina disputado en Mataró.

Ane de la Fuente Fiaño do CN Liceo proclamouse Campioa de España en 5000 m de categoría Júnior-1.

Xabier Carneiro Viqueira do C del Mar foi terceiro en 5000 m Júnior-1.

Gaspar Andrade Budiño do CN Arzúa foi segundo en 5000 m Júnior-2.

Paula Goyanes García do CN Galaico foi terceira en 5000 m Júnior -2.

Na clasificación por clubes en categoría masculina, o CN Riveira e o C del Mar foron terceiros.

Web do campionato.

Cto. Galego de Rutinas de Nivel

20170216_sin_cto_gal_rutinas_cartel

Este sábado disputase na piscina Rosario Dueñas de Ourense, o Campionato Galego de Rutinas de Nivel de Inverno de Natación Sincronizada, no que participan o CN Portamiñá, C Sincro Pontevedra, C Sincro Ferrol, RCN Vigo, C Sincro Rias Baixas, C Galaico Sincro e o anfitrión C Sincro Ourense. Esta competición de combos e para as categorías alevín, infantil e xuvenil-absoluta, e dará comezo ás 16:45 h coa categoría alevín.

Cto. Galego de Wáter-polo Xuvenil

20170216_wat_cto_gal_xuve_mix_cartel

Este sábado disputase na piscina da Escola Naval Militar de Marín o Campionato Galego de Wáter-polo Xuvenil Mixto no que participan o RCN Vigo, CN Coruña, C Marina Ferrol, CW Santiago e o anfitrión, CW Pontevedra.

A competición comezará ás 09:30 h. estando prevista a final para as 18:30 h.

Programa do campionato.

Liga Galega de Wáter-polo (11-12 de febreiro)

Resultados dos encontros de Liga de Wáter-polo disputados esta fin de semana nas diferentes categorías:

Liga masculina 1ªD: vitoria a domicilio do CW Pontevedra na súa visita ao RCN Vigo (7-24) e vitoria local do C Marina Ferrol diante do CW Pabellón Ourense (14-9).

Liga masculina 2ªD: vitoria local do CN Coruña B diante do CW Santiago B (7-5).

Liga cadete: vitoria local do CN Coruña diante do Asociación Coruñesa de Waterpolo (22-2).

Liga infantil: vitorias a domicilio do CW Pontevedra A na súa visita ao RCN Vigo (8-20) e do Asociación Coruñesa de Waterpolo na súa visita ao CN Coruña (5-11). Victoria local do C Marina Ferrol diante do CW Pabellón Ourense (21-2).

Liga alevín: vitoria a domicilio do CW Pontevedra na súa visita ao RCN Vigo (1-3).

Ler máis.

Nadadores do CGTD no Meeting de Póvoa de Varzim

20170213_nat_cgtd_povoa_varzim

Esta fin de semana os nadadores do CGTD: Macarena García, Lara Gómez, Paula Goyanes, Marcos García, Manuel Dávila, Gaspar Andrade e Sergio Campos, participaron no VIII Meeting Internacional Póvoa de Varzim, convidados pola organización da proba.

Na clasificación final, acadaron o terceiro posto e no plano individual, foron numerosos postos de podio. Ademais, Paula Goyanes acadou o premio á Mellor Marca por puntos na proba de 400 libre.

Web do campionato.

Cto. de España de Natación por CCAA - Xornada 2

Quinto posto na clasificación total final para a Selección Galega no V Campionato de España de Natación Júnior-Infantil por CCAA. A clasificación quedou encabezada por Cataluña, seguida de Madrid, Andalucia e Valencia.

Na categoría infantil a clasificación final foi un 9º posto e a júnior, cuarta.

No plano individual volveu destacar Águeda Cons, primeira en 800 libre júnior que con 8:43.55, nadou por debaixo da marca mínima para os Campionatos de Europa e do Mundo Júnior, que deberá referendar no Campionato de España da categoría. Ademais foi segunda en 200 libre. Tamén, Alba Gómez Mesias foi terceira en 200 braza júnior.

Web do campionato.